Entradas Etiquetadaspreguntas tipo test
I Xornada I+I=C
Organizadas polo departamento de Estatística e Investigación Operativa hoxe tivo lugar na Faculdade de Ciéncias Económicas e Empresariais as I Xornadas I+I=C.
As Xornadas de Innovación e Investigación para a Mellora da Calidade se organizan polo Depto. de Estatística e Investigación Operativa dentro das Accións de Mellora da Calidade recoñecidas polo Vicerrectorado de TIC e Calidade.
Agora se trataba de ofrecer duas Accións Formativas recoñecidas polo Vicerreitorado de Formación e Innovación. Consistiron na realización de dous obradoiros como punto de continuación do traballo realizado no primeiro cuatrimestre.
No primeiro obradoiro a profesora Mari Carmen Iglesias Pérez orientou aos participantes a construiren cuestionarios de preguntas tipo test coa utilización das TIC. En concreto traballamos a construcción de un Banco de Preguntas xenéricas e organizadas por temas que poidan servir de base para unha avaliación estándar en distintas matérias do departamento.
No segundo obradoiro o profesor José Vicente Novegil Souto fixo a proposta de construción de podcast para a mellora das actitudes cara á estatística. A experiencia piloto de construcion de podcasts por alunos da titulación de Xestión e Administración Pública facilitou a criacion de un modelo de podcast en vídeo ou audio que se pode integrar nas TIC dentro das matérias virtuais.
Toda a xornada foi gravada en vídeo polos servizos de UVigo-TV. En breve estará ao dispor de toda a comunidade.
En xuño-xullo como remate do segundo cuatrimestre se celebrará outra xornada formativa con propostas de obradoiros sobre traballo en grupo e utilización do software R
A experiencia foi moi útil para promover a adecuación da aprendizaxe a unha didáctica máis perto dos alunos e das novas esixencias do EEES. Se agradece a todos os profesores participantes o seu interese.
Add comment Febrero 14, 2008